CRTVG

Buscar

Degustación de produtos sen glute para celebrar o próximo Día dos Celíacos

Publicado o 11/05/2019 21:00

Estímase que o un por cento da poboación é celíaca pero non todos están diagnosticados. Ao longo deste mes de maio este colectivo está a organizar diversas actividades para que a xente saiba en que consiste esta enfermidade autoinmune. En Pontevedra organizaron unha degustación de produtos sen glute onde non faltaron os doces, o pan e mesmo a pasta.

A celiaquía é unha enfermidade autoinmune que afecta ao 1% da poboación polo que non poden comer produtos con glute. Unhas proteinas que están presentes no trigo, na avea, a cebada ou o centeo. Neste mes de maio a asociación galega de celíacos organiza actividades para dar a coñecer a enfermidade.

O principal problema que teñen os celíacos é saír a comer fóra da casa pola contaminación cruzada. Xa hai moitos establecementos preparados para eles e por iso quixéronse dar a coñecer e en Pontevedra celebrouse unha degustación de produtos sen glute. As que máis triunfaron foron as croquetas e as sobremesas.

Os celíacos puideron comer todo o que quixeron sen ter preocupación por contaminarse. O próximo 27 de maio celébrase o Día Nacional do Celíaco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019