CRTVG

Buscar

Maduro xura o cargo ante o Supremo e será presidente de Venezuela ata 2025

Publicado o 10/01/2019 20:17

Maduro xurou este xoves o cargo ante o Tribunal Supremo. O mesmo tribunal que lle retirou as competencias ao Parlamento de maioría opositora despois de declaralo en desacato. Maduro gañou en maio unhas eleccións moi cuestionadas. A oposición rexeitou participar alegando falta de garantías democráticas. Agora asume o cargo durante 5 anos máis no medio dunha gran crise institucional e económica. E cunha forte oposición internacional. A Unión Europea e boa parte de América Latina non enviaron ningún representante á investidura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019