CRTVG

Buscar

Reunión sorpresa en Venezuela entre Zapatero e Maduro

Publicado o 08/02/2020 10:02

Nas últimas horas houbo visita por sorpresa do ex-presidente Rodríguez Zapatero a Venezuela. Alí reuniuse con Nicolás Maduro e tamén coa vicepresidenta Delcy Rodríguez, unha cita que chega poucos días despois do polémico encontro da número dous de Maduro co ministro Ábalos no aeroporto de Madrid. A xuntanza, que non estaba anunciada, produciuse no Palacio de Miraflores de Caracas.

Maduro quixo agradecer o esforzo mediador, dixo, do ex-presidente español, que viaxa a Venezuela poucos días despois de que Pedro Sánchez rexeitara recibir en Madrid a Juan Guaidó. A xuntanza celebrouse en medio da polémica polo encontro que mantivo o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, coa vicepresidenta Delcy Rodríguez no aeroporto de Madrid Baraxas. Visita en que foi recibido pola titular de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, pero non polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Coincidindo con este encontro de Zapatero, a asemblea nacional venezolana pediulle ao Congreso español que investigue en que condicións se celebrou ese encontro entre Delcy Rodríguez e o ministro Ábalos. A reunión de Maduro e Zapatero pretende respaldar a mesa de diálogo nacional entre o Goberno e a oposición.