CRTVG

Buscar

Maduro asegura que o apagamento de Venezuela foi causado por un ataque electromagnético

Publicado o 23/07/2019 20:17

O caos continúa en Venezuela tras o grande apagamento deste luns, e a pesar de que o servizo eléctrico comeza a restablecerse nalgunhas zonas de Caracas. Sen os semáforos funcionando a circulación convértese nunha cruzada, onde os peóns abren camiño como poden entre os coches.

O Goberno de Nicolás Maduro anunciou a suspensión da xornada laboral e das actividades escolares para hoxe, mentres asegura que o apagamento foi causado por un ataque electromagnético, con trazas conspiratorias.

É o cuarto que se produce desde marzo, colapsando Caracas e 18 estados máis do país. Os traballos para restablecer o servizo completo de electricidade poden tardar ata cinco días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019