CRTVG

Buscar

Maduro acusa o presidente de Colombia de querer asasinalo o día das eleccións

Publicado o 08/12/2020 21:36

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, dixo este martes que planeaban asasinalo o domingo pasado, cando o país celebrou eleccións lexislativas, e acusou o mandatario colombiano, Iván Duque, de estar detrás deste suposto plan.

"Por fonte de intelixencia colombiana, de moi boa confiabilidade, (decatámonos) de que estaban a preparar un atentado para asasinarme o día das eleccións", dixo o mandatario nunha conferecia de prensa, en Caracas.

Asegurou que estas informacións, que as autoridades do seu Goberno confirmaron, apuntan que o plan se teceu desde a sede do Executivo colombiano.

"Desde a Casa de Nariño, Iván Duque participou para tentar asasinarme o mesmo día das eleccións", proseguiu.

O gobernante venezolano explicou este suposto plan ao ser consultado polas razóns para cambiar o seu centro de votación o mesmo día da contenda.

"Eu tomei as miñas precaucións legais co Consello Nacional Electoral (CNE), tomei as miñas precaucións de seguridade e todo este asunto está en fase de investigación avanzada", engadiu.

Maduro denunciou máis de 40 plans magnicidas desde que asumiu o poder en 2013 e en case todos sinala como presuntos responsables a gobernantes e dirixentes políticos dos Estados Unidos e Colombia.

Noticias web

08/12/2020