Madrid únese á folga dos taxistas e en Barcelona vívense momentos de tensión
Momentos de tensión durante os actos de protesta dos taxistas en Barcelona. Os manifestantes saíron á rúa, intentaron entrar no Parlamento catalán e enfrontáronse aos Mossos, que lles impediron o acceso. Os taxistas tamén cortaron a Ronda litoral, saltaron un cordón de seguridade para entrar no porto e concentráronse diante do departamento de Economía da Generalitat.
As mobilizacións dos taxistas e do sector de vehículos de alugueiro con condutor bloquearon en hora punta a Gran Vía e a Diagonal. Os VTC denuncian as agresións que están a sufrir. "Non estamos de acordo nin que se nos precontrate nin en traballar en condicións paupérrimas de seguridade"
Mentres, en Madrid, comezou a folga de taxis cun seguimento do 100%, segundo os convocantes. Piden unha regulación inmediata dos VTC que, entre outras cousas, estableza un tempo mínimo de precontratación.
Felipe Rodríguez, presidente da Asociación Madrileña do Taxi: "Non querer tocar a precontratación e p asar as competencias aos concellos cremos que é maior problema que ten esta comunidade"
De momento, rematou sen acordo a reunión desta mañá cos representantes da Comunidade de Madrid, que emprazou os taxistas a unha nova xuntanza.