CRTVG

Buscar

Madrid cifra en 1.398 millóns os danos causados polo temporal de frío

Publicado o 14/01/2021 14:33

Madrid solicitará que toda a a comunidade sexa declarada zona catastrófica tras o paso de Filomena. O Concello de Madrid xa lle fixo a solicitude ao Goberno oficialmente, e cuantifica os danos do temporal en 1.398 millóns.

"Produciuse unha catástrofe na cidade, con grave afección ao funcionamento dos servizos publicos e dos bens dos madrileños, así como da actividade económica", di José Luis Martínez-Almeida, alcalde de Madrid. 

No exterior, continúan os traballos de retirada da neve e do xeo, que aínda dificultan a circulación.

Carlos Novillo, director da Axencia de Seguridade e Emerxencias de Madrid 112,  explica que "os traballos céntranse non só en recuperar a mobilidade dos cidadáns, senón tamén na retirada de elementos inestables provocados pola neve, para dar seguridade nas vías da comunidade".

Só no Retiro están danadas 11.000 das 17.000 árbores do parque. A Administración local non confía en recuperar a normalidade ata a semana que vén, e o Goberno rexional xa anunciou que algúns colexios non poderán retomar as clases presenciais, como estaba previsto, o vindeiro luns.

Noticias web

14/01/2021

Máis sobre actualidade