CRTVG

Buscar

Madrid e as Baleares reforzan as restricións para frear a propagación do virus

Publicado o 04/09/2020 14:30

Madrid reforza as restricións para frear a expansión de coronavirus limitando as reunións sociais, anuncia a incorporación de mil rastrexadores e realizará dous millóns de tests rápidos.
As Baleares estuda adoptar medidas semellantes nas zonas con maior número de contaxios, en Castela -A Mancha decretou o confinamento de Bolaños de Calatrava. As novas restricións anunciadas polo conselleiro madrileño de Sanidade entrarán en vigor este luns e revisaranse cada 15 días.

Co obxectivo de frear a expansión do virus na comunidade, 941 novos casos no último reconto, limítanse as reunións a grupos de 10 persoas como máximo, tanto en espazos públicos como privados, e prohíbense os bailes nas vodas.

A comunidade madrileña contratará mil restrexadores máis e fará dous millóns de tests rápidos que permiten coñecer o resultado en 15 minutos.

"Podo asegurar que a pandemia na comunidade de Madrid está estable e está controlada. Iso non quita para que estemos preocupados. Non é grato ter tantos madrileños afectados polo coronavirus, pero traballamos día a día para ofrecer a mellor asistencia sanitaria, pero en ningún caso estamos alarmados pola situación na rexión".

Medidas semellantes prepara o Goberno das Illas Baleares para atallar o avance do virus en determinados barrios e concellos con alta incidencia de casos.

Pola contra, a Comunidade de Aragón levantou as restricións adoptadas en varias comarcas de Zaragoza e Huesca, incluídas as dúas capitais, ao descender o número de contaxios.
Bolaños de Calatrava, na provincia de Cidade Real, converteuse no segundo concello castelán manchego que é confinado polo aumento de casos de coronavirus, máis de 180 para unha poboación de case 12.0000 habitantes.

Noticias web

04/09/2020