CRTVG

Buscar

Madrid pídelle ao Goberno que "reconsidere" as restricións impostas na comunidade

Publicado o 06/10/2020 20:52

Madrid pídelle ao Goberno que "reconsidere" as restricións á mobilidade impostas na comunidade e que lles permita seguir aplicando o seu plan de limitación por zonas básicas de saúde. Desde o executivo autonómico insisten en que a súas medidas están "funcionando".

"Solicitámoslle ao ministro Salvador Illa que reconsidere a orde imposta a semana pasada e que Madrid poida seguir desenvolvendo o seu plan. Os datos demostran unha tendencia descendente da incidencia do virus na nosa rexión. A Comunidade ten un plan e, dígoo coa máxima humildade e prudencia, este plan funciona", di Enrique Ruiz Escudero, conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid.

Noticias web

06/10/2020