CRTVG

Buscar

Madrid pechará perimetralmente dez días pola ponte da Constitución

Publicado o 20/11/2020 20:18

A Comunidade de Madrid será pechada perimetralmente dende o 4 ata o 14 de decembro, con motivo da ponte da Constitución. Non se poderá entrar nin saír sen causa xustificada, seguindo o modelo que xa se implantou en etapas anteriores. O obxectivo do Goberno rexional, chegar o mellor posible ao Nadal.

Pola súa banda, a Generalitat anuncia unha nova estratexia que aposta por darlle caza ao virus na rúa, cunha campaña de tests e cribados masivos, que tamén inclúe as farmacias cun sistema de autoproba que se poderá facer na casa, segundo avanzou Alba Vergés, conselleira de Saúde da Generalitat.


Precisamente Cataluña comenza este luns a primeira fase da desescalada coa reapertura da hostalería e doutras actividades culturais e sociais. Mentres, comunidades e Goberno continúan traballando nun plan conxunto para o Nadal, que podería coñecerse a vindeira semana.

 

Noticias web

20/11/2020