Madrid ordena que non se contraten os sanitarios que se neguen a traballar no Zendal
Publicado o 18/01/2021 11:11

A Comunidade de Madrid ordenou que non se renoven os contratos aos sanitarios que se neguen a traballar no Hospital de Emerxencias Isabel Zendal.
Confirmárono na Consellería de Sanidade. Din que é unha medida necesaria para responder á situación actual de emerxencia sanitaria e que o hospital está sendo a referencia para o tratamento do virus.
Algúns sindicatos anunciaron que emprenderán accións legais. Entenden que o hospital debería contar cun cadro de persoal propio e denuncian que están minguando os recursos doutros centros sanitarios.
Actualmente o Hospital de Emerxencias ten máis de 300 ingresados.
Máis sobre Política
16/04/2021 21:02
16/04/2021 20:07