CRTVG

Buscar

Madrid optará por confinamentos selectivos nas zonas con maior incidencia

Publicado o 16/09/2020 15:34

Conforme se estende o virus, sucédense as medidas restritivas para evitar novos contaxios.
Medio cento de concellos retrocederon a algunha das fases iniciais da desescalada, os dous últimos son Sotillos de la Ribera, en Burgos, e Pesquera de Duero, en Valladolid.

Con apenas cincocentos habitantes cada un, durante as próximas dúas semanas non se poderá entrar ou saír de ambas localidades sen motivo xustificado.
As autoridades das Illas Baleares ordenaron restricións semellantes en varios barrios de Eivisa capital e San Antoni de Portmany, na mesma illa.
Na Comunidade de Madrid optarán por confinamentos selectivos nas zonas con maior incidencia do virus que serán de obrigado cumprimento pola poboación afectada.

"Ese é o traballo que teremos que desenvolver de aquí á fin de semana. É dicir, que estamos formulando, á parte de insistir en medidas restritivas que fagan relación co aspecto de concentración de persoas, aspectos que van afectar a mobilidade das persoas na Comunidade de Madrid", di Antonio Zapatero, conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid.

En Cataluña, a Consellería de Saúde prorrogou determinadas restricións que afectan os concellos da área metropolitana de Barcelona e levantounas na comarca ilerdense do Segrià.

Noticias web

16/09/2020