Madrid levanta as restricións en 10 zonas de saúde
A Comunidade de Madrid levantará a partir do luns as restricións en 10 das 41 áreas de saúde con limitacións de mobilidade, "onde a incidencia a 14 días baixou máis do 50 por cento", explica Elena Andradas, directora de Saúde da Comunidade de Madrid.
Pola contra, a Comunidade Valenciana prorroga o seu peche perimetral unha semana máis dende este venres. O obxectivo, controlar a presión asistencial nos hospitais.
Tamén Cataluña loita por conter o virus e inicia unha prórroga de dez días das restricións, entre elas o peche da hostalería.
Ante a negativa do Goberno a permitir o confinamento domiciliario en Burgos, Castela e León aplicará novas medidas este sábado. Ademais de limitar as reunións a 3 persoas e recomendar o autoconfinamento, estuda o peche perimetral da capital burgalesa.