CRTVG

Buscar

Madrid e Cataluña temen o impacto nas residencias de maiores, principais focos de coronavirus

Publicado o 01/04/2020 14:49

A Generalitat de Cataluña difundiu un protocolo entre os servizos de emerxencias que recomenda limitar os esforzos terepéuticos a pacientes da COVID-19 que teñan insuficiencia respiratoria aguda e desaconsella usar ventilación mecánica invasiva en maiores de 80 anos e persoas dependentes ou con doenzas avanzadas. A conselleira Alba Vergés defende o criterio profesional dos médicos.

O ministro de Sanidade tamén defende o criterio clínico.

Cataluña ten unha situación crítica nos centros de maiores. O Goberno desa comunidade autónoma cifra en 362 o número de anciáns mortos nos asilos. A asociación que agrupa os centros de dependencia reclama máis persoal e medidas de protección e desinfección. O mesmo ocorre en Madrid, onde a Comunidade decidiu intervir 8 xeriátricos e concentrar en varios deles os contaxiados. 25 das 500 residencias que hai na rexión están en situación crítica.
 

Noticias web

01/04/2020