As comunidades de Madrid e Castela-A Mancha, anegadas a causa dos temporais
A gota fría cebouse onte no sueste da Comunidade de Madrid, que hoxe reforza o seu dispositivo contra a chuvia, con máis efectivos para garantir a entrada á cidade nas horas punta.
Onte foi a localidade de Arganda de Rey a máis afectada polas treboadas. A intensidade das precipitacións acabou por facer colapsar a rede de sumidoiros por segunda vez en quince días. A localidade madrileña, que hai só dúas semanas sufrira unha sarabiada histórica, volveu ver como colapsaba a rede de sumidoiros.
A DANA, a depresión illada en niveis altos, empeza hoxe a remitir, pero os seus efectos tardarán semanas en paliarse. Hoxe toca limpar lama, volver a limpar cañerías e sumidoiros e cuantificar todo o que a treboada deixou inservible.
442 avisos e máis de 200 intervencións xestionou o 112 de Madrid. En Arganda, pero tamén en Nuevo Batzán, Villar del Olmo, Campo Real e Daganzo. Houbo rescates con lanchas, e problemas de tráfico en dúas autovías. Tamén colapsou a liña 9 do metro, pero afortundamente non houbo danos persoais.
Hoxe, Concello e comunidade espertan cun plan especial de vixilancia do tráfico que pretende evitar colapso na circulación en horas punta.