CRTVG

Buscar

Madrid e as Canarias comezan a vacinar as 24 horas do día

Publicado o 28/06/2021 13:59
Madrid e as Canarias comezan a vacinar as 24 horas do día

Madrid estreou con éxito un operativo de vacinación ininterrompida. Polo hospital Isabel Zendal pasaron esta noite preto dun milleiro de persoas que nos máis dos casos adiantaron as datas da súa vacinación.

Tamén nas Canarias comezou este operativo de 24 horas que pretende atender cada noite máis de 2.000 persoas.

En Madrid, o obxectivo é aumentar a capacidade diaria de doses ás 22.000, o que permitiría inmunizar 150.000 cidadáns á semana.


 

Noticias web

28/06/2021