Madrid e as Castelas compartirán estudos de seroprevalencia e rastrexo
Publicado o 07/09/2020 20:17

Os presidentes de Madrid, Castela-A Mancha e máis Castela e León acordan coordinar unha estratexia fronte á Covid-19.
Van compartir estudos de seroprevalencia e rastrexo para analizar a mobilidade entre as tres rexións limítrofes e realizar sistemas de avaliación diaria. Os tres presidentes autonómicos fixaron como prioridade coordinar a volta ás aulas porque comparten profesorado e alumnos que viaxan dunha comunidade a outra cada día.