CRTVG

Buscar

Madrid convértese en referente das marchas do 8-M con 120.000 participantes

Publicado o 08/03/2020 21:37

Miles de mulleres percorreron o paseo do Prado madrileño nun despregamento de diversidade. A marcha aglutinou distintos bloques, desde o antirracista ou o ecofeminista ata o movemento trans, cos partidos desfilando tras pancartas diferenciadas. O lema era común: "Con dereitos, sen barreiras, feministas sen frointeiras". Desde Atocha ata a praza de España, sucedéronse os berros contra o patriarcado e a prol do movemento feminista.

"Esta é unha revolución das mulleres imparable, absolutamnte cargada de xustiza, que ninguén vai poder constestar; e os que queiran seguir defendendo o machismo e o patriarcado, aquí nos teñen", declarou ante os medios a vicepresidenta primera do Goberno, Carmen Calvo.

Pola súa parte, a ministra de Igualdade, Irene Montero, fixaba prioridades: "As mulleres imos seguir loitando todos os días do ano porque nos queremos vivas e libres de violencias machistas, queremos que se repartan a riqueza, o tempo e os coidados, queremos poder amar a quen nos dea a gana".

Na marcha participu este ano o Partido Popular, defendendo -dixeron- un feminismo sen etiquetas. A vicesecretaria de Política Social dos populares, Cuca Gamarra, explicou así as claves da presenza do seu partido: "O obxectivo, que é compartido por toda a sociedade española, é seguir traballando para superar esa brecha salarial, esa brecha que é tamén a maternidade, e loitar contra a violencia de xénero".

A representación de Ciudadanos, con Begoña Villacís á cabeza, abandonou a manifestación tras recibir apupos e increpacións.

Ao remate da marcha reivindiucouse o feminismo como motor real da igualdade e reclamáronse máis medidas para ampliar os dereitos das mulleres fronte á ameaza da extrema dereita.

Noticias web

08/03/2020