CRTVG

Buscar

Madrid, aínda cuberta de neve, pide hoxe a declaración de zona catastrófica

Publicado o 14/01/2021 08:24

A vaga de frio polar está a piques de remitir. O martes foi o día coas temperaturas máis baixas, e a esta altura a neve ainda cobre gran parte da cidade. No goberno rexional piden paciencia.

Na capital arestora o metro é fundamental e leva 120 horas de actividade ininterrompida. Os parques seguen pechados e será cuantiosa a revisión urxente do arborado. Hoxe o concello solicitará a declaración de zona catastófica. O alcalde cuantifica os danos en centos de millóns de euros.

A declaración pedirana outros concellos da comunidade, máis dunha ducia xa o anunciaron. O vicepresidente do goberno autonómico, Ignacio Aguado, dixo que a volta á normalidade pode tardar semanas.

Noticias web

14/01/2021