CRTVG

Buscar

Madrid acumula 38.723 casos da COVID-19 confirmados e 5.136 falecidos

Publicado o 06/04/2020 15:14

A Comunidade de Madrid acumula 38.723 casos da COVID-19 confirmados e 5.136 falecidos. Na capital, epicentro da pandemia, a situación comeza a mellorar.

O amoreamento de vítimas mortais levou a Comunidade de Madrid a crear un terceiro depósito de cadáveres provisional. Este, de Majadahonda, nunha pista de xeo coñecida popularmente como 'a neveira'. A emerxencia na xestión dos cadáveres é tal que dende onte os crematorios de Córdoba, a 400 quilómetros da capital, están recibindo corpos para incinerar procedentes de Madrid.

E o Boletín Oficial do Estado publicaba hoxe, minutos antes das oito da mañá, a orde de alzar o confinamento en Igualada, e en toda a súa comarca d'Òdena. Alí levaban enclaustrados dende o 12 de marzo por un brote de coronavirus, o máis grave en toda Cataluña, que causou a morte de 147 persoas.

Noticias web

06/04/2020