CRTVG

Buscar

Madrid acollerá o cumio da OTAN os días 29 e 30 de xuño de 2022

Publicado o 08/10/2021 14:55

O presidente do Goberno recibiu o secretario xeral da OTAN para comezar a preparación do cumio que se vai celebrar en Madrid o 29 e 30 de xuño de 2022. Esta cita, que coincidirá co 40 aniversario da entrada de España na Alianza Atlántica, quere servir para actualizar o papel da OTAN.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Nestes momentos a prioridade da OTAN é reforzar a unidade e a cohesión dos países aliados. Querido secretario xeral, podes contar co Goberno de España para que o cumio de Madrid sexa un éxito".

Noticias web

08/10/2021