CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

'Madre', de Darren Aronofsky, entre as estreas de cine da semana

Publicado o 29/09/2017 15:35




É venres, e ofrecémoslles algunhas das estreas de cine para esta fin de semana.



RÓTULO 7.01 'Madre', Darren Aronofsky
Unha parella formada por Jennifer Lawrence e un Javier Bardem que interpreta un poeta en horas baixas vive illada ata que a visita de Ed Harris e Michelle Pfeiffer revoluciona a súa existencia. O prezo da chegada da inspiración traerá tensión e terror ás dúas parellas.

RÓTULO 7.24 'La cordillera', Santiago Mitre.
Ricardo Darín recibiu esta semana o Premio Donostia no festival vasco onde se proxectou este título no que interpreta un suposto presidente arxentino. O director Santiago Mitre ofrece un thriller político que se achega ao fantástico coa psiconálise coma ilusión óptica.

RÓTULO 7.44 'La llamada', Javier Ambrossi e Javier Calvo
Dun campamento de verán rexentado por relixiosas catolicas sae unha irreverente comedia española. Dúas rapazas buscan a liberdade de acción, dúas monxas intentan controlalas. No medio, unha aparición musical que as vai unir: Whitney Houston.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí