CRTVG

Buscar

Madonna desvela que superou o coronavirus e doa un millón de dólares á investigación

Publicado o 07/05/2020 10:12
Madonna desvela que superou o coronavirus e doa un millón de dólares á investigación

A cantante Madonna desvelou que superou o coronavirus e anuncia unha doazón dun millón de dólares para a investigación desta enfermidade.

A artista, de 61 anos, explica na rede social Instagram que "cando un dá positivo por anticorpos significa que tivo o virus, o que claramente me pasou cando estiven enferma ao final da miña xira en París, hai máis de sete semanas".

Di que tanto ela como o resto do equipo que a acompañaba pensaron que tiñan unha gripe forte, e que "todos estamos sans e ben agora". Responde así aos medios que especularon estes días con que a cantante estadounidense estaba enferma.  "Espero que isto aclare as cousas para os que van demasiado ás présas! O coñecemento é poder!, conclúe.