CRTVG

Buscar

Identifican un pederasta alemán como sospeitoso da desaparición de Madelaine

Publicado o 06/05/2019 18:37

O caso de Madelaine MacCann reábrese coa identificación dun novo sospeitoso. Trátase dun pederasta alemán que as autoridades sitúan no Algarve a noite da desaparición da nena.

A información sobre o asunto é bastante restrinxida, pero sábese que ese cidadán alemán foi condenado polo asasinato de 3 pequenos. O home fora identificado en 2011, pero descartárase porque nun principio tiña preferencia por nenos e non por nenas, pero novos datos na investigacion que non transcenderon fixaron o obxectivo sobre este home.

Estas novas pistas chegan cando fai 12 anos da desaparición da nena en Praia da Luz, unha localidade turística do Algarve ao sur de Portugal. Madeleine, de 3 anos, desapareceu cando durmía cos seus irmáns xemelgos nun apartamento alugado nun resort mentres os pais ceaban cuns amigos nun restaurante. Dende entón ata hoxe houbo máis de 500 buscas e 2.000 dilixencias policiais para atopala.

As novas pistas sobre o caso Madeleine McCann chegan cando acaba de facer 12 anos da súa desaparición nun complexo turístico de Praia da Luz, no Algarve. A última vez que viron a pequena, que estaba a punto de facer 4 anos, foi a noite do 3 de maio do 2007.

Os seus pais estaban ceando cuns amigos nun restaurante próximo mentres Madeleine durmía no hotel xunto cos seus irmáns xemelgos. Foi contra as dez e media da noite cando a nai se decatou de que a nena non estaba no cuarto. Ao día seguinte abríronse dúas liñas de investigación, unha da Policía Xudicial portuguesa e outra dirixida por Scotland Yard. Nestes anos o proceso foi medrando ata superar as 12.000 páxinas, 500 buscas na zona e 2.000 dilixencias policiais con varios sospeitosos, entre eles os propios pais da nena británica.

Así e todo, doce anos despois, as investigacións seguen sen botar luz sobre o que aconteceu a noite que desapareceu a pequena Madeleine McCann.

Noticias web

06/05/2019