CRTVG

Buscar

Madamas e Galáns volveron saír polas rúas de Cobres

Publicado o 22/02/2020 17:18

Ao século XVIII remóntase o ancestral entroido de Cobres que está a encher de cor as dúas parroquias que teñen ese nome no concello pontevedrés de Vilaboa. Aínda que a gran concurrencia será esta tarde, pola mañá un grupo de Madamas e Galáns acompañados de gaiteiros fixeron o clásico pasacalles polos barrios aproveitando para bailaren muiñeiras e " jotas" e mesmo algún"agarrao".A organización loita por conquerir a declaración de festa de interese turístico nacional.

O ancestral entroido de Cobres sobrevive entre o tráfico e o asfalto.Ten polo menos tres séculos aínda que poderían ser máis. Moitas das madamas e galáns que participan nos pasarrúas destes días seguen o ronsel do seus pais, nais, avós ou bisavoas. É o caso de Andrea Calvar.

Outros moitos continúan con ilusión unha tradición que nunca houbo nas súas familias. Especialmente emocionante é o caso de Alexandra Corredoira está cumprindo un desexo da súa bisavoa.

Hai peza s do vestiario que se herdan, pero case todo e novo. As alfaiais antes eran de verdade moitas veces prestadas pero agora os adubíos son de bixutería. O que non cambiou son as prendas do traxe.

A festa aínda continúa esta tarde e aínda durará ata o martes en que rematará a troula coa corrida e queima do galo e con fogos de artificio

Noticias web

22/02/2020