CRTVG

Buscar

Macrooperación antidroga no céntrico barrio do Raval, en Barcelona

Publicado o 07/10/2020 14:04

Preto de mil axentes participan desde esta mañá nunha macrooperación contra o tráfico de drogas en Barcelona.

O obxectivo é desartellar diversas redes criminais que controlan a venda e distribución de heroína e cocaína na capital catalá.

A operación céntrase no barrio barcelonés do Raval, pero esténdese ás localidades de Cornellá, O Prat de Llobregat e Badalona. Hai ducias de persoas detidas.

Noticias web

07/10/2020