CRTVG

Buscar

Macron suspende definitivamente a taxa do carburante ante as protestas

Publicado o 06/12/2018 09:02

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, deicidu suspender definitivamente a taxa do carburante que desatou as graves protestas das ultimas semanas.

Aínda que nun principio o Goberno decidira aprazala durante seis meses, finalmente o primeiro ministro anunciou que se anulaba a suba, nun intento de calmar o malestar social xerado pola medida.

Os chamados 'chalecos amarelos' consideraban o aprazamento da suba insuficiente para deter as protestas, pero o Goberno insiste en que haberá que estudar a mellor maneira de como emprender a transición ecolóxica.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018