CRTVG

Buscar

Macron recibe unha labazada durante unha viaxe oficial

Publicado o 08/06/2021 18:33

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, recibe unha labazada nun acto público. Hai dous detidos. Macron estaba de visita electoral nunha localidade do sueste de Francia. O mandatario achegouse a un grupo de persoas que berraban: "Abaixo o macronismo!". Nese momento, un home propinoulle unha labazada.

 

Noticias web

08/06/2021