CRTVG

Buscar

Macron fixa en cinco anos o prazo para a reconstrución de Notre Dame

Publicado o 16/04/2019 21:10

A reparación dos estragos que sufriu a catedral de París levará entre dez e quince anos e custará centos de millóns de euros. Só as grandes fortunas de Francia xa comprometeron máis de 600 millóns.

O Goberno francés puxo en marcha a primeira hora unha subscrición nacional. 3 horas despois, xa recadara 11 millóns e medio de euros. Apenas nada se se compara cos 600 millóns que ofreceron as grandes fortunas do luxo francés.

Bernard Arnauld, o dono de Louis Vuitton, meteu a man no peto e anunciou unha doazón de 200 millóns.

"É unha obriga reconstruíla", dixo Francois Pinault, presidente do grupo Kering, que xestiona marcas como Gucci, Saint Laurent ou Balenciaga, despois de doar cen millons de euros. O mesmo que a familia propietaria de LÓreal.

Tamén os eurodeputados quixeron contribuir e, a instancias do presidente Tajani, ofreceron o salario desta xornada. Mentres, o presidente do Consello Europeo facía un chamamento aos 28 xefes de Goberno no mesmo sentido.

Todo será pouco para un labor que se prevé longo e custoso. Segundo os expertos farán falta entre dez e quince anos  para rematar a reconstrucción. Empresas especializadas de todo o mundo xa se prestaron a axudar. Tamén os canteiros de Poio ofreceronlle a Notre Dame a sua experiencia.

O presidente francés acaba de ofrecer un discurso institucional á nación desde o palacio do Elisio. Emmanuel Macron asegura que Notre Dame se vai reconstruír en cinco anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019