CRTVG

Buscar

Macron está considerando declarar o estado de urxencia pola revolta dos 'chalecos amarelos'

Publicado o 02/12/2018 14:58

A revolta dos 'chalecos amarelos' deixou no centro de París imaxes que fan lembrar as de maio de 1968 e o Goberno estuda a posibilidade de declarar o estado de alerta.

A cidade amenceu intentando recobrar a normalidade e os turistas podían volver ao Arco de Triunfo, convertido onte no epicentro dos disturbios. No terceiro sábado de mobilizacións a participación foi a menos, pero a virulencia e o caos a moito máis. A insurrección cebouse cos Campos Elíseos e as avenidas da súa contorna, que foron escenario do saqueo de comercios, da queima de decenas de coches e mesmo da dun edificio. Máis de 130 persoas quedaron feridas e os detidos superaron os catrocentos.

 

Noticias web

02/12/2018