CRTVG

Buscar

Macron confina de novo toda Francia, polo menos, durante catro semanas

Publicado o 31/03/2021 23:21

O presidente francés,  Emmanuel  Macron, anunciou  novas medidas para facer fronte á expansión do coronavirus, entre elas o peche de escolas e garderías durante o próximas tres semanas, como consecuencia do aumento do número de casos e falecidos, así como do colapso dos hospitais.

A partir do sábado, toda Francia volve estar confinada. Este confinamento manterase durante as próximas catro semanas.

A volta terá lugar para todos o 26 de abril, aínda que só de maneira presencial para garderías e educación primaria, matiza  Macron, quen empraza para o 3 de maio ao resto de estudantes de secundaria para retornar ás aulas.

O toque de queda mantense ás 19:00 horas en todas partes.

Con estas medidas o goberno francés intenta frear a expansión da pandemia, que non para de medrar e que xa saturou os hospitais en varias rexións do país. 

Noticias web

31/03/2021