CRTVG

Buscar

Macri lanza un plan económico de urxencia ante a inestabilidade en Arxentina

Publicado o 15/08/2019 12:07

O presidente da Arxentina Mauricio Macri lanzou onte un plan económico de urxencia trala seu derrota electoral diante do peronista Alberto Fernández e a posterior crise nos mercados financeiros. As axudas pretenden supor un alivio para a clase media e as pymes arxentinas e recuperar o consumo interno.

A derrota electoral de Macri trouxo tras dela un desplome bursátil, unha devaluación da moeda e unha suba dos tipos de interés. O pánico apoderouse dos mercados despois da ampla victoria do peronista Fernández que debera corrobrar nas presidenciais de Outubro. O presidente intenta agora paliar ambas situacións cun paquete de axudas económicas de urxencia por valor de máis de 600 millóns de euros que iso si non concretou como vai financiar, so subliñou que non afectará a austeridade acordada co FMI. Suba do salario mínimo, máis cartos para becas, funcionarios e militares, conxelación do prezo do combustible son so algunhas das medidas de alivio que avanzou co claro obxectivo de axudar as clases medias e as pymes que Macri quixo compartir tamén co seu opoñente.

Esta por ver agora que rumbo toma o país ante a posibilidade real dun cambio no poder e como seguen a afectar esas incertidumes a economía arxentina.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019