CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Macri anuncia un plan de obra pública para os próximos dez anos

Publicado o 20/11/2016 21:34

E na Arxentina, o presidente do país, Mauricio Macri, vén de poñer en marcha un ambicioso plan en materia de infraestruturas.
Quere solucionar o atraso que asegura vive o país neste eido e xerar traballo de calidade, polo que di que non vai parar de construír nos vindeiros 10 anos.


Logo dun paro drástico na obra pública para analizar a situación tras os polémicos casos de corrupción do Goberno anterior na Arxentina, Mauricio Macri vai a por todas.
O presidente vén de anunciar a posta en marcha do que considera o plan máis ambicioso da historia arxentina en termos de investimento en infraestructura.

Mauricio Macri, Presidente da Arxentina, di que "A Arxentina que soñamos non vai parar de facer obras polos próximos 10 anos porque venimos moi atrasados e iso é unha desgraza pero tamén unha oportunidade", di o presidente Mauricio Macri.

Unha oportunidade para xerar traballo de calidade e non clientelismo -di- en todo o territorio nacional.

Mauricio Macri, Presidente da Arxentina, sinala que "estas deixan de ser as obras sinónimo de corrupción para volver ser sinónimo de futuro, de esperanza e de alegría. Iso é o que precisamos os arxentinos".

O Goberno prestará especial atención ó norte do país, históricamente esquecido, e co que agarda cumprir outra das súas máximas: lograr a probreza cero nunha Arxentina que conta cun terzo da poboación en situación de emerxencia social.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí