CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Macri anuncia medidas para afrontar a crise económica na Arxentina

Publicado o 03/09/2018 21:24

O Goberno arxentino dá un golpe de efecto para recuperar a confianza dos mercados e deter a desvalorización do peso fronte ao dólar cun paquete de medidas de axuste cos que pretende lograr o equilibrio fiscal no ano 2019.

Dende a Casa Rosada e nunha mensaxe gravada moi agardada, o presidente Mauricio Macri anunciou os eixos do axuste que implementará para tentar reducir drásticamente o gasto público e depender menos do financiamento externo.

Por unha banda o mandatario dixo que reducira e compactará o seu Gabinete de 22 ministerios a menos da metade, e que gravará cun imposto ás exportacións dada a situación de "emerxencia", como a definiu, que atravesa o país coa fortísima desvalorización do peso. O obxetivo é logralo equilibrio fiscal para o 2019.

"No podemos gastar más de lo que tenemos, hacerlo nos lleva a tener más inflación y pedir más plata prestada", asegurou o presidente da Arxentina.

Co anuncio, o Executivo quere recuperala confianza dos mercados despois da caída en picado do peso fronte ó dólar dos últimos dias, que acumulou un 30% só en agosto, o que obrigou ó Banco Central a subir ata o 60% as taxas de xuro, as máis alta do mundo. Pero a pesares da mensaxe de Macri a divisa estadounidense volveu subir.

O martes o ministro de Facenda, Nicolás Dujove, reunirase en Washinton coa titular do Fondo Monetario Internacional, Christine Lagarde, para renegociar as condicións do rescate de 50.000 millóns de dólares que lle concedeu ó país a entidade monetaria.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/09/2018