CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Macri adelgaza o seu Goberno con 1.000 cargos políticos menos

Publicado o 29/01/2018 21:22
Na Arxentina, o Goberno quere reducir o custo da política na súa executiva con tres medidas de impacto. Segundo anunciou o propio presidente do país suramericano, van eliminar 1 de cada 4 postos políticos, conxelar os salarios dos funcionarios de maior rango e prohibir a contratación de familiares de ministros no Estado.


O Goberno arxentino quere ser un exemplo de austeridade.

Nunha conferencia de prensa na Casa Rosada o presidente, Mauricio Macri, anunciou unha redución do 25 % dos cargos políticos da Executiva nacional. É dicir, vai eliminar a 1 de cada 4 funcionarios e ademais conxelará o soldo dos postos máis altos da administración arxentina.
Unha medida que suporá un aforro de máis de 60 millóns de euros para as arcas estatais..

A austeridade ten que saír da política, dixo o mandatario, nun novo intento por reducir o déficit, e convidou as outras administracións do país a seguir este exemplo a prol dunha maior integridade e transparencia.

Neste senso, Macri deu un paso máis aló e anunciou a sinatura nos vindeiros días dun decreto para impedir que ningún ministro arxentino poida ter familiares na función pública.

O axuste chega nada máis voltar da intensa xira europea do mandatario, onde asegurou que a opinión común é que A Arxentina está a facer as cousas ben.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

29/01/2018