CRTVG

Buscar

Mabel Lozano estrea en Pontevedra o seu documental sobre a explotación de mulleres

Publicado o 23/09/2020 21:32

Hoxe, 23 de setembro, é o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres e Nenas.

Coincidindo con esta data, a directora de cine, actriz e escritora Mabel Lozano estrea en Pontevedra o seu último proxecto. Trátase da curtametraxe documental Biografía del cadáver de una mujer. Desde o ano 2000, polo menos 44 mulleres en situación de prostitución foron brutalmente asasinadas en España. A película conta a historia dunha delas.

Noticias web

23/09/2020