Máis de mil nenos morreron na guerra de Siria en 2018, o ano máis mortífero, segundo Unicef
Publicado o 11/03/2019 11:20
A axencia das Nacións Unidas para a infancia, Unicef, denunciou que 1.106 nenos morreron durante os combates en Siria en 2018, o ano máis mortífero para os menores desde o inicio da guerra.
A directora executiva da axencia dixo que estas son cifras verificadas e que as reais probablemente sexan máis altas.
Segundo Unicef, as minas sen detonar son a principal causa de vítimas infantís en Siria e só o ano pasado foron responsables de 343 mortes e lesións.
Durante 2018 rexistráronse tamén 262 ataques contra institucións de educación e sanidade, a maior cifra nos 8 anos de combates.
Máis sobre actualidade
18/04/2021 23:03