CRTVG

Buscar

Lydia Botana e a súa Bolboreta

Publicado o 08/06/2016 12:50

O proxecto musical fuisona xéneros ben diversos para falar do mundo que nos rodea

Insecto do que existen múltiples especies, que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores cando é adulto, e un aparello bucal que lle serve para chuchar o néctar das flores. Así é como define a RAG unha bolboreta, pero hoxe imos darlle outro significado máis, porque Bolboreta é o nome dun novo proxecto musical.

É o de Lydia Botana, que ademais é o primeiro desta artista en solitario e en que fusiona xéneros musicais ben diversos para falar do mundo que nos rodea. Faino amais en linguas diversas.

De Bolboreta imos falar coa súa alma, ou poderiamos dicir coa súa larva, Lydia Botana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2016