CRTVG

Buscar

O portugués Álvaro Siza, Premio Nacional de Arquitectura

Publicado o 08/11/2019 20:19

Álvaro Siza é o novo Premio Nacional de Arquitectura. Vencellado a Galicia por edificios como o Centro Galego de Arte Contemporánea ou a Facultade de Comunicación en Compostela, o arquitecto portugués é o primeiro artista nado fóra de España en recibir este galardón.

Nado en Matosinhos no 1933, a súa obra pode verse en Galicia cos edificios composteláns do CGAC ou a Facultade de xornalismo onde podemos comprobar a súa preocupación pola luz. 

Rigor, minimalismo, solidez... Siza ten entre os seus recoñecementos o Pritzker no ano 1992. Ía para escultor pero unha viaxe a Barcelona na que contemplou a obra de Gaudí converteu a este home humilde nun mestre da arquitectura. 

Noticias web

08/11/2019