CRTVG

Buscar

Álvarez Cáccamo e Ramón Villares, distinguidos nos Premios da Cultura Galega

Publicado o 24/09/2018 21:44

Xa coñecemos os distinguidos cos Premios da Cultura Galega 2018. Entre os oito galardoados so hai unha muller. É a creadora Luz Darriba ecibe o premio na modalidade das Artes Plásticas. E o das Letras recae no escritor Xose María Álvarez Cáccamo. O Festival de Cans é o galardoado no apartado Audiovisual, e o das Artes Escénicas é para o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Na categoría de Patrimonio o premio é para a entidade de Santiago O Sorriso de Daniel. O historiador e ata hai pouco presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, recibe o galardón de Proxección Exterior. En Lingua o premiado é o filólogo Antón Santamarina mentres que na categoría de Música, recae no grupo A Roda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2018