Luz verde para o Observatorio de Transporte de Mercadorías de Galicia
Publicado o 08/06/2020 15:26
Nos próximos día comezará a funcionar o Observatorio de Transporte de mercadorías de Galicia.
Anunciouno a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade tras manter unha xuntanza telemática coa Federación Galega de Transporte de Mercadorías.
Ethel Vázquez dixo que se trata dunha ferramenta útil para que o sector teña información precisa sobre os custos asociados á súa actividade.