CRTVG

Buscar

Luz verde ás obras de ampliación do hospital de Ferrol

Publicado o 05/09/2019 15:07

O presidente tamén anunciou que van comezar as obras no hospital de Ferrol. Nunha primeira fase vanse construír dous novos edificios para aumentar a superficie do Arquitecto Marcide dos 43.000 metros cadrados ata os 67.000.

Durante os traballos, parte do servizos trasladaranse ao Hospital Naval, onde se farán reformas para axeitar os espazos necesarios.

Nesta primeira fase de modernizacion do hospital investiranse 50 millóns dos 130 previstos en total.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019