CRTVG

Buscar

Luz verde ao plan galego de Atención Primaria, con 102 millóns de euros

Publicado o 17/05/2019 16:52

O presidente da Xunta anuncia que o 40% das 200 medidas do plan deben realizarse en seis meses. A maior parte do orzamento, case 80 millóns de euros, irán para construír ou mellorar centros de saúde e renovar equipos; 5,6 millóns destinaranse á compra de vacinas e máis de 17 millóns dedicaranse á creación de 331 prazas na Atención Primaria.

O plan prevé tamén unha reorganización do servizo de saúde, como unha mellor coordinación entre a atención primaria e hospitalaria e o 061.

Estratexia dixital 2030. O 90 % dos empregos do futuro serán dixitais 

Esta é a terceira estratexia que deseña a Xunta dende o 2010, e a actual aspira a marcar o rumbo dixital para a próxima década, baseándose en catro piares: a capacitación, xa que nun futuro próximo o 90 % dos empregos serán dixitais; garantir a transparencia para respectar a privacidade; impulsar as tendencias tecnolóxicas en todos os eidos da economía galega e pelexar polo liderado dixital da nosa comunidade, captando talento e perfís especializados nas novas tecnoloxías da información e a comunicación. Para debuxar a estratexia, a Xunta creará un panel de profesionais tecnolóxicos, do dereito, da economía e das humanidades, constituirá unha comisión de expertos permanente para vixiar o impacto de cada medida e abrirase as achegas dos axentes sociais e das empresas do sector.

Noticias web

17/05/2019