CRTVG

Buscar

Luz verde ao paseo fluvial de Arteixo

Publicado o 14/05/2019 16:17

O vinderio luns ás doce será cando se lle aboará o prezo xusto e acordado mutuamente. Así se porá definitivamente en marcha a obra para acomerter este paseo, que ten un orzamento de 156.000 euros e que vai discorrer paralelamente ao río na zona de Vilarrodís partindo da rúa Ponte.

Vanse instalar bancos e papeleiras e restauraranse os muíños do rego das Teixueiras. Ademais, realizaranse traballos de xardinería para adecuar o paso a esta nova infraestrutura.

Noticias web

14/05/2019