CRTVG

Buscar

Luz verde á nova Lei de Ordenación do Territorio

Publicado o 06/12/2019 14:42

• A Xunta reforzará o Servizo de Axuda no Fogar para chegar a 2.100 maiores máis

Con esta lei, a Xunta culmina a ordenación urbanística de Galicia, segundo Alberto Núñez Feijóo, tras aprobar normas como a lei do solo ou o plan de ordenación do litoral. O presidente di que os seus obxectivos son conseguir un desenvolvemenrto ordenado do país, garantir a accesibilidade de toda a poboación a infraestruturas e servizos, mellorar a relación do medio urbano e rural e favorecer un crecemento económico sustentable.

"Pensa os que é unha garantía para o investimento, para o crecemento ordenado, para un urbanismo con princpios e para que todo o mundo saiba o que se pode facer", explica Feijóo.

O texto inclúe 4 figuras de ordenación: as directrices xerais, os plans integrados e especiais, os plans sectoriais que regulan a implantación das actividades económicas e os proxectos de interese autonómico, como son a construción dun hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019