CRTVG

Buscar

Luz verde á electrificación do treito ferroviario Monforte-Lugo

Publicado o 29/12/2020 19:45
Luz verde á electrificación do treito ferroviario Monforte-Lugo

O Consello de Ministros autorizou hoxe a licitación dos traballos para electrificar o treito ferroviario entre Monforte e Lugo.

As obras afectarán 73 quilómetros de vía e suporán un investimento de máis de 17 millóns de euros. O ministerio de Fomento di que permitirán reducir os tempos de viaxe e mellorarán as súas condicións de fiabilidade e comodidade.

Noticias web

29/12/2020