CRTVG

Buscar

Luz Darriba e Ramón Villares, entre os oito galardoados dos Premios da Cultura Galega

Publicado o 25/09/2018 08:29

Xa coñecemos os distinguidos cos Premios da Cultura Galega 2018. Entre os oito galardoados só hai unha muller. É a creadora Luz Darriba. Recibe o premio na modalidade das Artes Plásticas. E o das Letras recae no escritor Xosé María Álvarez Cáccamo. O Festival de Cans é o galardoado no apartado Audiovisual, e o das Artes Escénicas é para o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Na categoría de Patrimonio, o premio é para a entidade de Santiago O Sorriso de Daniel. 

O historiador e ata hai pouco presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, recibe o galardón de Proxección Exterior. En lingua, o premiado é o filólogo Antón Santamarina, mentres que na categoría de Música recae no grupo A Roda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2018