CRTVG

Buscar

Luz Casal ofrécese a chamar aos que o precisen e llo pidan durante o confinamento

Publicado o 30/03/2020 21:35

Luz Casal estaba na casa dun familiar en Málaga cando se decretou o estado de alarma. Dende alí, sen a súa banda, sen poder dar concertos pola Rede, pensou noutra maneira de axudar a xente. E atopouna. A artista galega chama por teléfono para charlar e animar a todos aqueles que o precisen e llo pidan. E seguirá facéndoo mentres dure o confinamento. Só temos que enviarlle o noso número polas redes sociais. 

Noticias web

30/03/2020