Luz Casal canta no Obradoiro acompañada pola Real Filharmonía de Galicia
A praza do Obradoiro será escenario esta noite da reaparición da artista de Boimorto Luz Casal. Estará acompañada pola Real Filharmonía de Galicia, coa que repasará algúns dos seus temas máis coñecidos, nun concerto que a propia artista considera moi especial.
Luz Casal ultimaba este mediodía os acordes dalgunhas das súas cancións máis emblemáticas, que esta noite interpretará na praza do Obradoiro acompañada pola Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel. Serán versións diferentes dalgúns dos temas máis coñecidos do seu repertorio.
O concerto ten unha capacidade limitada a 1.200 persoas e, aínda que as entradas se esgotaron rapidamente, queda a posibilidade de seguilo por streaming. A artista de Boimorto está centrada agora no que se vai ser o seu próximo disco, que verá a luz o ano que vén.