CRTVG

Buscar

Luz Casal actuará no Obradoiro o 21 de xullo

Publicado o 19/06/2021 13:44

Luz Casal actuará o 21 de xullo na Praza do Obradoiro acompañada de medio cento de músicos da Real Filharmonía de Galicia.

A actuación enmárcase dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22 e presentárona esta mañá a propia artista canda o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora de Turismo, Nava Castro.

No acto informouse de que os tiquets poñeranse á venda este luns, a un prezo de 19 euros, e tamén de que o concerto se retransmitirá vía streamng.

Durante a actuación será obrigatorio o uso de máscaras e manter a distancia interpersoal.

Noticias web

19/06/2021